CRTVG

Buscar

Un incendio destruíu por completo unha casa no concello pontevedrés de Salvaterra

Publicado o 20/01/2019 18:07

O lume iniciouse cara ás catro da mañá, e espallouse con rapidez por toda a vivenda.Por sorte, a propietaria, unha muller octoxenaria, non estaba no inmoble, xa que dorme na casa dunha filla. Foron os veciños os que alertaron os bombeiros do Porriño e Pontereas que acudiron a sufocar as lapas. Todo parece apuntar a que puido ser un curtocircuíto a orixe do sinistro.
 

Noticias web

20/01/2019