CRTVG

Buscar

Un incendio destrúe unha casa de madeira prefabricada en Monfero, sen rexistrarse danos persoais

Publicado o 21/01/2020 19:37
Un incendio destrúe unha casa de madeira prefabricada en Monfero, sen rexistrarse danos persoais

Un incendio declarado esta tarde nunha casa de madeira prefabricada deixou a vivenda totalmente calcinada, sen que se rexistrasen danos persoais. Os feitos sucederon no lugar da Illa, na parroquia de San Fiz, arredor das 17:05 horas.

Foi unha persoa particular a que alertou o 112 Galicia do lume e, enseguida, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos bombeiros do Eume, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil das Pontes de García Rodríguez e ao Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí