CRTVG

Buscar

Un incendio destrúe un inmoble no barrio coruñés dos Mallos

Publicado o 22/10/2020 13:18

Na Coruña, as primeiras investigacións apuntan a que o incendio que nas últimas horas calcinou un inmoble de dúas plantas no barrio dos Mallos puido ser intencionado.

O edificio levaba tempo abandonado e, segundo fontes próximas á investigación, era ás veces frecuentado por persoas sen fogar que buscaban refuxio. Por sorte, cando se declarou o lume non había ninguén no interior, polo que só hai que lamentar danos materiais. A investigación policial segue aberta.

Noticias web

22/10/2020