CRTVG

Buscar

Un incendio calcina unha casa en Maside sen causar feridos

Publicado o 21/12/2020 21:16

Unha casa quedou hoxe completamente calcinada na localidade de Dacón, no concello ourensán de Maside. Malia que a vivenda está habitada, no momento do incendio non había ninguén dentro. Bombeiros do Carballiño e do Ribeiro encargáronse de sufocar as lapas, que mesmo chegaron a ameazar as casas lindeiras.

Non quedou ninguén ferido, xa que os adultos estaban fóra e os nenos no colexio, pero as dúas familias que residían na vivenda perdérono todo e terán que aloxarse cuns familiares ata atopar unha solución. Descoñécense polo de agora as causas que puideron provocar o incendio.

 

Noticias web

21/12/2020