CRTVG

Buscar

Un incendio arrasa unha fábrica de mobles de cociña en Madrid

Publicado o 18/01/2021 09:09

Un incendio arrasou unha fábrica de mobles de cociña en Cubas de la Sagra, en Madrid.
Foi precisa a intervención de 11 dotacións de bombeiros para extinguir as lapas e evitar que se propagase a outras naves próximas. Fontes da empresa sinalaron que o sistema antiincendios da nave estaba conxelado e descoñecen a orixe do lume. A Garda Civil investiga o suceso.


 

Noticias web

18/01/2021