CRTVG

Buscar

Un hotel hobbit para promocionar a contorna de Vivieiro

Publicado o 17/07/2020 14:52

Todo empezou como se supoñía: nun furado no chan vivía un hobbit. E un burato hobbit, segundo contaba o personaxe de Bilbo, significaba boa comida e a comodida dun fogar.

Un lugar, A Comarca, que naceu primeiro nas novelas de Tolkien e que despois vimos no cine. Na realidade, a montaña entre néboas pode ser A Gañidoira e podemos facernos unha idea de como é vivir nun deses buratos neste complexo turístico que acaba de abrir en Galdo.

O proxecto vai mái alá da estética hobbit. A idea é promonocionar un turismo apegado ao mar e que permita descubrir a contorna de Viveiro. Inspirados na fantasía pero no mundo real.

O proxecto, financiado pola Unión Europea, a Xunta e polo Grupo de Acción Local Pesqueiro, arrancaba en 2006. Un longo percorrido que se viu interrompido pola pandemia da covid.

Por fin, Mi tesoro, con todas as medidas de seguridade, xa é unha experiencia real. E Gandalf quizais volva para facer maxia.

Noticias web

17/07/2020