CRTVG

Buscar

Un hotel de Sada aluga dúplex con terraza a clientes que deixan a cidade na procura de sosego

Publicado o 04/10/2020 21:33

O hotel buscaba un cliente diferente, un que quixese quedar durante períodos longos, alén do verán. En xaneiro comezou a ofertar vinte apartamentos, todos con cociña equipada, dous dormitorios, salón-comedor e terraza por duplicado. "Temos moito cliente que vivíanno centro da cidade e que valora, ademais do destino, a tranquilidade de ter dúas terrazas con vistas, unha zona exterior en cada planta e un espazo que por prezo e por servizos non tería onde vive actualmente", explica David Romero, de Alda Hoteles.

En tempos de pandemia, a maioría dos que agora ocupan os apartamentos cambiou o barullo da cidade polo sosego que lles ofrece Sada. Xa están habitados a metade dos dúplex, en alugueiro a partir de 600 euros. No hotel perciben que hai un interese crecente por esta opción de vivenda. Axuda poder respirar co golfo Ártabro dominando a paisaxe.

Noticias web

04/10/2020