CRTVG

Buscar

Un home prendeulle lume a unha muller nun parque en Palma

Publicado o 26/11/2019 19:37

A policía arrestouno e trasladouno á comisaría para interrogalo. Os axentes rexistraron tamén a súa vivenda acompañados por un veciño da zona que colaborou na busca.

"Eu fun coa policía e localizámolo, o pantalón estaba manchado de negro e as mans tamén".

Sucedeu pouco despois das dez da mañá. A muller, de 70 anos, estaba sentada nun banco dun parque infantil cando un home se achegou por detrás, botoulle un líquido inflamable e prendeulle lume. Unha traballadora da empresa municipal de limpeza de Palma foi a primeira en acudirlle.

"Eu pregunteille e ela díxome que era un home moreno de 55 anos que veu, díxome un tolo, un tolo prendeume lume, díxenlle 'pero que me estas dicindo por favor?' Entón, xa lle apagara o lume e boteime a chorar...".

Ao lugar desprazáronse varias patrullas da policía e unha UVI móbil que estabilizou a muller para trasladala ao hospital de Palma. Ten queimaduras no 20 por cento do corpo. Un sobriño do detido confirmou que vítima e agresor adoitaban pasar tempo xuntos neste parque.

"Si, está aquí o Mercadona, van mercar viño, veñen aquí, beben o viño, estan todo o día así".

"Sempre vai cun mozo, non sei se se chama Conguito ou non, sempre van os dous xuntos".

A policía segue investigando o sucedido mentres a vítima foi trasladada ao hospital Val d'Hebron de Barcelona, que conta cunha unidade especializada para grandes queimados.

Noticias web

26/11/2019