CRTVG

Buscar

Un home pasou ata hoxe confinado no Carballiño sen saber que podía volver á vivenda habitual

Publicado o 29/05/2020 15:02

A declaración do estado de alarma sorprendeu a Luís o 14 de marzo nesta pequena aldea do Carballiño. Aquí teñen unha casa rehabilitada en que estaba de visita esa fin de semana.

Convencido de que as restricións de mobilidade do estado de alarma lle impedían volver á súa casa de Vigo, onde vive coa súa familia, aquí quedou. Descoñecía que o retorno o lugar de residencia habitual era unha das excepcións que contemplaba a normativa publicada no BOE. Hoxe comunicáronlle que podía volver á súa casa cando quixera. Leva sen ver a súa muller e os seus tres fillos dous meses e medio.

Aínda algo incrédulo, emociónase ao falar da súa familia e do moito que os bota en falta. Esta mesma tarde comezan os preparativos para a ansiada volta á casa.






 

Noticias web

29/05/2020