CRTVG

Buscar

Un home morre en Manacor acoitelado pola súa parella, que alega defensa propia

Publicado o 09/07/2020 14:00

Unha muller matou, supostamente, a súa parella dunha coitelada na localidade de Manacor, en Mallorca. Ao parecer, a muller alegou defensa propia cando a policía se presentou na vivenda da parella, alertada por un veciño. Cando chegaron os axentes, o home xa falecera. A muller está detida.

 

Noticias web

09/07/2020