CRTVG

Buscar

Un home morre atropelado polo seu propio camión en Asturias

Publicado o 18/03/2019 15:41

Un home de 27 anos morreu esta mañá en Asturias atropelado polo seu propio camión. O suceso ocorreu en Sevares, no concello de Piloña. O rapaz estaba cargando madeira no camión cando empezou a moverse só. Intentou subir para paralo, pero perdeu o equilibrio e o vehículo golpeouno contra un muro.

Finalmente chocou contra un antigo taller de chapa e parou, a poucos metros dunha estrada nacional con moito tráfico. O falecido traballaba para unha empresa de Cantabria.

Noticias web

18/03/2019