CRTVG

Buscar

Un home morre atropelado en Sevilla

Publicado o 26/12/2019 14:35

Un home de 70 anos morreu atropelado en Sevilla. O coche pillouno cando cruzaba xunto a outra persoa por unha zona sen paso de peóns.

O condutor, que deu negativo na proba de alcolemia, só puido esquivar un deles. Cando chegaron os equipos médicos o home atropelado estaba inconsciente, e despois de case 50 minutos de manobras de reanimación acabou falecendo.




 

Noticias web

26/12/2019