CRTVG

Buscar

Un home mata a súa muller octoxenaria na Pastoriza e despois suicídase

Publicado o 26/01/2020 16:25

Na parroquia de Crecente, no Concello lugués de A Pastoriza onde vivía o matrimonio falecido, ninguén entende o que puido pasar. A muller apareceu morta na cociña. Foi a neta que vivía con eles na casa quen a atopou. Ao parecer, presentaba signos de violencia, un golpe na cabeza e preto dela uns coitelos con sangue.

O home estaba no exterior da casa. Todo apunta a que se tirou pola fiestra e que pode ser o autor das feridas que presentaba a muller. Quen os coñecía din que se levaban ben.

O alcalde foi dos primeiros en chegar á casa no que se produciu a agresión. Coñecíaos persoalmente e non encontra explicación aos feitos.  O matrimonio era moi coñecido. O home fora concelleiro nos anos noventa.

O xulgado de Mondoñedo ocúpase da investigación do caso.  O pleno do Concello acordou dous días de loito e bandeiras a media hasta. É a primeira vítima mortal deste ano en Galicia por violencia machista.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí