Un home mata a súa inquilina cunha barra de ferro en Zafra
Publicado o 31/01/2020 20:01
Un home de 71 anos está detido tras matar a súa inquilina, de 59, cunha barra de ferro na localidade de Zafra, Badaxoz. Foi un veciño quen alertou a Garda Civil de que se estaba a producir unha liorta nunha vivenda próxima. Cando chegaron os axentes xa atoparon a muller morta con fortes golpes na cabeza. Descoñécese de momento o motivo da discusión entrambos. O home entregouse voluntariamente e está detido. Permanece nas dependencias da Garda Civil á espera de pasar a disposición xudicial.
Máis sobre actualidade
06/03/2021 23:05