CRTVG

Buscar

Un home mata seis persoas nun hospital da República Checa e despois suicídase

Publicado o 10/12/2019 13:39

Seis persoas morreron nun tiroteo rexistrado esta mañá na sala de espera dun hospital da localidade checa de Ostrava, no leste do país centroeuropeo. Outras tres persoas quedaron feridas, unha delas de gravidade.

O pistoleiro suicidouse dun tiro na cabeza cando a policía intentaba arrestalo.O tiroteo ocorreu a primeiras horas da mañá no hospital universitario da cidade checa de Ostrava, no leste do país.

Un home entrou na sala de espera e comezou a disparar indiscriminadamente contra os pacientes que agardaban a ser atendidos. Seis persoas morreron a consecuencia dos disparos efectuados polo pistoleiro. Outras tres quedaron feridas, unha delas de gravidade.

Despois do ataque, o pistoleiro fuxiu nun coche que deixara aparcado nas proximidades do centro sanitario. Perseguido pola policía, o home, un enxeñeiro de 42 anos, acabou coa súa vida disparándose un tiro na cabeza.

Segundo unha radio local, o home estaba convencido de sufrir unha grave enfermidade e que ninguén quería atendelo. O gobernador de Ostrava cualificou de gran traxedia o ocorrido no hospital desta cidade de 300.000 habitantes e próxima á fronteira con Polonia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/12/2019