CRTVG

Buscar

Un home encadéase en Vilagarcía para pedir unha solución médica e volver á vida activa

Publicado o 06/05/2020 14:22

Juan Ramón Balsa ten 38 anos. En marzo do ano pasado sufriu un accidente laboral na fábrica onde traballaba por cargar peso excesivo e diagnosticáronlle unha lumbalxia. Na mutua pautáronlle unhas sesións de rehabilitación, que asegura empeoraron o seu estado. Nunhas probas médicas posteriores confirmáronlle que sufría lesións nos discos lumbares.

Juan Ramón asegura que as lesións lle impiden traballar e levar unha vida normal, pero aínda así déronlle a alta médica en decembro. Desde entón, sen prestación ningunha, tivo que volver á casa cos seus pais, e depende deles economicamente.

Desesperado, demandou a mutua, a Tesourería e a Seguridade Social para esixir unha solución médica e poder volver á vida activa.

Para chamar a atención sobre o seu caso, Juan Ramón encadeouse esta mañá á porta da oficina da Seguridade Social en Vilagarcía. O acto de protesta durou ata que os responsables da entidade avisaron as forzas de seguridade. Os axentes da Policía Nacional convencérono para que abandonase a protesta.

Noticias web

06/05/2020