CRTVG

Buscar

Un home dispáralle a outro nos Estados Unidos porque non lle amaña unha fuga de auga

Publicado o 09/01/2020 13:19

Un ancián de 93 anos disparoulle a un empregado porque non lle amañaba unha fuga de auga no seu apartamento. O nonaxenario chamou á recepción do edificio de apartamentos en que vivía nas Vegas, nos Estados Unidos, para avisar de que tiña unha inundación provocada por unha fuga.

Como non lla amañaban, foi directamente falar cos empregados e durante a conversa disparou primeiro a un lado e despois a un dos traballadores. Cando caeu ferido ao chan, o ancián volveu dispararlle.

O home está detido por intento de asasinato, entre outros cargos. As cámaras de seguridade da oficina rexistraron o ocorrido.

Noticias web

09/01/2020