CRTVG

Buscar

Un home de 97 anos, ferido grave tras ser atropelado en Vigo

Publicado o 06/01/2020 21:33

A Policía Local de Vigo investiga as causas en que un peón foi atropelado en Vigo cando atravesaba un paso de cebra.

A consecuencia do impacto co turismo, o home, que conta con 97 anos de idade, foi primeiro asistido no punto da rúa Tomás Alonso e trasladado despois por unha ambulancia do 061 ao sanatorio Concheiro de Vigo.

Segundo fontes hospitalarias, nas últimas horas foi derivado ao hospital Povisa a consecuencia do seu estado de saúde.

 

Noticias web

06/01/2020