CRTVG

Buscar

Un home de 93 anos, cuarto usuario da residencia do Incio falecido pola covid-19

Publicado o 28/08/2020 20:36

Esta tarde faleceu no hospital de Monforte un señor de 93 anos que vivía na residencia do Incio. Son xa catro usuarios dese centro os que morreron con coronavirus. Nos próximos días empezará a facerse o cribado en todo o municipio para ver se o virus circula polo pobo.

O ancián falecido tiña 93 anos e varias patoloxías previas que complicaron a súa situación. Era usuario da residencia do Incio e estaba ingresado desde había uns días no hospital de Monforte. Con el son xa catro os anciáns da residencia que faleceron con coronavirus. O gromo mantense agora mesmo en 112 persoas contaxiadas.


Preto dalí, en Monforte, o número de positivos aumenta a 95 tralas últimas probas realizadas. Con todo, Sanidade dao por controlado. Aínda así hanse seguir facendo PCRs. Nuria García. Enfermeira "Facemos unha media de cen diaras a xente responde ben"


Do cribado que se fixo entre o persoal da hostalaría saíron dous positivos. Vanse facer aínda 180 probas máis entre este gremio.

 

Noticias web

28/08/2020