CRTVG

Buscar

Un home de 78 anos morre en Vilanova de Arousa atropelado polo seu tractor

Publicado o 09/02/2019 23:08

Un home de 78 anos faleceu atropelado polo seu propio tractor en Vilanova de Arousa. Dende que comezou o ano, tres persoas morreron en accidentes deste tipo. O home falecido traballaba nunha leira da súa propiedade no lugar da Pantrigueira, en Vilanova de Arousa.

Ocorreu ás once da mañá. Por causas aínda sen determinar, o tractor coa fresadora que levaba de remolque pasoulle por riba. Varios familiares que se atopaban na zona alertaron os servizos de urxencia pero non conseguiron reanimalo.

Esta mesma semana, outro home de 80 anos perdía a vida en Valga ao quedar atrapado baixo o tractor que manexaba. Dende que comezou o ano, en Galicia morreron dúas persoas máis en accidentes con vehículos agrícolas, unha en Arnoia e outra en Monfero.

Días antes, a finais de 2018, dous irmáns de Lalín falecían ao envorcar o seu tractor na estrada PO-533. Con medio cento de vítimas mortais no último trienio, Galicia está entre as comunidade con máis sinistralidade neste eido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2019