CRTVG

Buscar

Un home bótase á auga na praia do Orzán para rescatar unha muller desorientada

Publicado o 28/11/2020 20:22

A rápida reacción dun home permitiu rescatar unha muller arrastrada mar adentro por unha onda na praia do Orzán na Coruña.

O home non o dubidou e botouse a auga. De feito mobilizouse un gran dispositivo de rescate que non chegou a actuar ao confirmarse que a muller xa estaba na area. Alí os servizos sanitarios atenderona nun primeiro momento, despois foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.



 

Noticias web

28/11/2020