CRTVG

Buscar

Liberadas as 30 persoas tomadas como reféns nun centro comercial de Manila

Publicado o 02/03/2020 17:28

Os arredor de trinta reféns que permaneceron hoxe secuestrados durante nove horas nun centro comercial de Manila foron liberados, segundo puido constatar un equipo de EFE-EPA. O asaltante, un ex-vixiante de seguridade do centro comercial Greenhills, saíu polo seu propio pé do edificio, xunto cos reféns, e entregouse á policía, que procedeu ao seu arresto sen violencia.

O secuestrador, identificado como Archie Paray, accedeu a deixar a pistola e a granada que levaba dentro do edificio, tal e como acordou coas autoridades despois dunha longa negociación. O home de 32 anos, que buscaba xustiza tras ser despedido, irrompeu esta mañá no recinto armado cunha pistola e unha granada, e feriu unha persoa nun tiroteo inicial.

Noticias web

02/03/2020