CRTVG

Buscar

Un home acoitela a súa parella en Burgos

Publicado o 10/12/2019 13:37

Un home apuñalou, presuntamente, a súa parella, unha muller de 28 anos, nunha vivenda do centro de Burgos. Despois de recibir unha chamada de alerta, o Servizo de Emerxencias e a policía acudiron ao lugar cunha UVI móbil.

No domicilio, os servizos de emerxencias atenderon ambas as dúas persoas feridas, a muller saíu na ambulancia cara ao Hospital Universitario de Burgos, onde tamén levaron o home de 33 anos, trasladado polas forzas de seguridade despois de que tentara ferirse.

Noticias web

10/12/2019