CRTVG

Buscar

Unha verza de case catro metros de altura nunha horta de Vigo

Publicado o 10/04/2019 16:52

Un veciño de Vigo mediu a planta que tiña na súa horta, xa que lle parecía moi grande. E estaba no certo. O exemplar mide tres metros e 82 centímetros. Algo co que non contaba cando a sementou.

Tres metros 82 centímetros. É o que mide unha verza plantada na horta dun veciño de Beade, en Vigo. O seu propietario, fiel espectador da Televisión de Galicia, decidiu medila despois de escoitar a nova doutra planta xigante en Oia.

Di Enrique que na súa horta só emprega fertilizantes naturais.

O dono da verza gardará a semente para volver plantala o ano que vén.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/04/2019