CRTVG

Buscar

Un grupo de marraxos adéntrase nunha praia en Valdoviño e provoca o susto dos bañistas

Publicado o 15/08/2019 21:39

Vaia susto levaron na praia da Frouxeira, en Valdoviño. Viron varios tiburóns -varias quenllas- achegándose á zona de baño e os socorristas tiveron que poñer a bandeira vermella. Chus Purriños.
O grupo de quenllas adentrouse nas augas do areal da Frouxeira na zona coñecida como praia pequena de tal xeito que puido ser visto polos bañistas que se atopaban na beira.

Malia que se trataba de exemplares de pequeno tamaño, desde a Área de praias do Concello mantívose a prohibición do baño ata que se tivo a seguridade de que os tiburóns non representaban un risco para os bañistas. Ao comprobarse que eran quenllas mako, especie que tamén se coñece coma marraxo e non adoita ser agresiva, decidiuse reabrir a praia ao baño.

Ao longo da xornada volveu prohibirse o baño, pero nada tivo que ver cos escualos. Desta volta a bandeira vermella alertaba do perigo das fortes correntes.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/08/2019