CRTVG

Buscar

Un gran triunfo con Çolak e Giménez, protagonistas da remonta

Publicado o 17/01/2020 14:07

• O turco Çolak marcou un golazo e foi expulsado por dobre cartón

Fernando Vázquez ceba a máquina da milagre na Coruña e Aketxe foi o encargado de ensinar os dentes dos branco e azuis nas primeiras de cambio dun partido que mellora significativamente a auto estima deportivista.

Un equipo con capacidade de reacción cando no minuto 14 Cejudo atopa un balón e un furado para rematar coa dereita e sorprender a Dani Giménez co conseguinte baixón en Riazor. Porén, aí está o cambio nas dinámicas deportivistas.

Nese momento Çolak entra por Javi Montero e o Deportivo gaña creatividade e pegada. O empate foi tras un saque de córner que remata a gol de Sabin Merino, recén chegado hai tres días á Coruña coa 'infantería de marina' do mercado de inverno. Gol do vasco e arreón do Dépor para comerse ao Racing dende ese punto e hora.

O delirio en Riazor desatouse co dous a un de Emre Çolak. Minuto 53 de partido, o de Istambul máis liberado de orde táctica por Vázquez, arrepaña un coiro caído á dereita e navega pola frontal da área santanderina. Con cano incluído larga un zapatazo brutal que se lle cola á rede a Luca Zidane sen moita marxe para unha parada. O estadio celebra, Çolak recrease e acaba co segundo cartón camiño da caseta.

Cun menos no campo e obrigados a repregarse os de Vázquez tiveron temperanza para achicar o xogo dominante do Rácing. Yoda rematou abaixo un córner e esixiu o mellor do porteiro para evitar un estrago que arruinara a festa.

Houbo autocontrol nun Dépor que semella atopar o camiño de saída do tobo.

Noticias web

17/01/2020