CRTVG

Buscar

Un gol de Rodrigo clasifica o Valencia para os oitavos de final

Publicado o 10/12/2019 22:52
Un gol de Rodrigo clasifica o Valencia para os oitavos de final

O Valencia gañou 0-1 ao Ajax cun gol de Rodrigo Moreno e clasificouse na primeira posición do grupo  H para os oitavos de final da liga de Campións. O dianteiro do conxunto dirixido por Albert Celades anotou o único gol do partido aos 24 minutos da primeira parte, despois de aproveitar unha asistencia de Ferran Torres.  

No segundo acto, o Ajax tivo un par de ocasións para empatar por medio do marroquí Hakim Ziyech e de Noa Lang, pero non conseguiron marcar e o conxunto holandés despediuse da competición tras quedar por detrás do Valencia e do Chelsea.