CRTVG

Buscar

Un gandeiro de Riotorto denuncia que está obrigado a tirar o leite da súa explotación

Publicado o 24/05/2019 21:15

Obrigado a tirar o leite da súa explotación, esta é a situación que denuncia un gandeiro de Riotorto. Di que ninguén llo recolle porque unha empresa coa que traballou alega que ten un contrato de permanencia ata 2020. El di que nunca asinou contrato ningún e xa denunciou o caso.

Con este xesto Tino abre o tanque da súa explotación e vese obrigado a tirar uns 1.400 litros de leite valorados nuns 400 euros, unha situación que se repetirá cada dous días. Ninguén lle recolle o leite debido a un conflito coa empresa coa que deixou de traballar ante a baixada de prezos e xa denuncio o caso.

Hai pouco máis dun ano que botou a andar esta explotación. Ten 13 vacas en muxidura que ía ampliar a 25 e ía incorporarse á gandería o seu fillo. Agora sinala que este conflito o obriga a despedir o empregado que tiña e que o futuro da explotación está no aire mentres non acade unha solución.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/05/2019