Un galego dirixe un proxecto para detectar o coronavirus polo alento
Publicado o 10/08/2020 20:46
Nos Estados Unidos están a traballar nun test que permita detectar o coronavirus en cuestión de segundos no alento que botamos. O proxecto desenvólveo a Universidade de Pensilvania e está liderado por un galego, César de la Fuente.
O biotecnólogo coruñés, de 34 anos e catedrático alá, explícanos que o sistema permitiría diagnosticar o virus a partir da máscara, e que sería moi barato de producir.