CRTVG

Buscar

Un ferro atravesa o parabrisas do seu coche e sae ilesa

Publicado o 15/11/2019 13:23

A muller circulaba por esta estrada de Cangas para recoller os fillos no colexio. O vento era moi forte e conseguiu levantar parte do tellado do ático dun edificio. A combinación da altura do inmoble e das fortes rachas de vento provocaron que varios ferros coma este saíran voando. Un deles atravesou o parabrisas do coche que conducía a muller.

O ferro rozoulle a cabeza e mesmo lle arrancou parte do cabelo, porén a condutora saíu ilesa e só sufriu un ataque de nervios. En Cangas, as testemuñas do suceso falaban hoxe da sorte que tivo a condutora.

A condutora é unha veciña de Vigo. Foi trasladada a un centro de saúde, pero xa se recupera na súa casa do gran susto que levou.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/11/2019