Un ferido leve en Bueu tras desprenderse unha parte da fachada dun edificio
Publicado o 30/08/2020 21:12
Un veciño de Bueu quedou ferido leve, tras deprenderse unha parte da fachada dun edificio.
Os feitos ocorreron a última hora deste sábado, cando unha parte do recubrimento do inmoble se desprendeu sobre a rúa, nunha céntrica praza da vila, e alcanzou nun ombreiro este home que transitaba polo lugar.
O suceso obrigou a intervir os bombeiros do Morrazo, que acordoaron a zona, despois de retirar varias lousas da fachada para evitar novos desprendementos e garantir a seguridade.
Os veciños denuncian que xa se produciran outros con anterioridade.