CRTVG

Buscar

Un ferido grave nun accidente de madrugada en Tomiño

Publicado o 19/10/2019 10:01

Un mozo resultou ferido grave esta madrugada despois de sufrir unha aparatosa saída de vía en Tomiño, na comarca pontevedresa do Baixo Miño.

O vehículo, no que só viaxaba o condutor, saíu da estrada e bateu contra o poste dunha leira. Ao lugar acudiron a Garda Civil de Tráfico, así coma o GES da Guarda e os bombeiros do Baixo Miño, que tiveron que liberar o home de entre os ferros. Foi trasladado a un centro hospitalario con feridas graves.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/10/2019