CRTVG

Buscar

Un ferido grave nun accidente de madrugada no centro de Lugo

Publicado o 17/08/2019 10:23

Un condutor resultou ferido grave esta madrugada despois de que o seu vehículo sufrira un espectacular accidente en plena ronda da Muralla, no centro de Lugo.

Por causas que se descoñecen o home perdeu o control do coche, que acabou subindo pola beirarrúa e batendo contra o peche dun edificio ministerial. O golpe foi tan forte que o vehículo saíu despedido varios metros e quedou no medio da estrada, mentres que o motor se arrincou do chasis e apareceu en direccion contraria.

O home foi trasladado a un centro hospitalario con varios traumatismos, segundo fontes oficiais. A Policía Local investiga a posibilidade dun exceso de velocidade, xa que a zona está restrinxida a un máximo de trinta quilómetros por hora.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/08/2019