CRTVG

Buscar

Un ferido grave ao caer unha furgoneta a un río en Santiago

Publicado o 27/11/2019 21:44

Cae unha furgoneta ao río Sarela, en Santiago, preto do Hospital Clínico. Rescataron do seu interior unha persoa ferida, en estado crítico.

Unha testemuña asegura que viu como outras dúas persoas escapaban a pé e cre que podería haber unha terceira desaparecida. Hai un amplo dispositivo de busca tanto no río como nos arredores. Nel participan bombeiros, efectivos de Protección Civil, da Policía Local e de urxencias médicas. 

 

 

Noticias web

27/11/2019