Un ferido tras chocar dous camións na A-52, ao seu paso por Vilardevós
Publicado o 07/11/2019 11:22
O accidente produciuse ás 1:56 horas desta pasada madrugada no quilómetro 153,100 da autovía A-52, no termo municipal de Vilardevós, Ourense. Un tráiler portugués, que circulaba en sentido a Benavente, chocou contra outro camión que estaba parado na beiravía.
No accidente quedou ferido o condutor do camión que estaba parado, que foi trasladado ao hospital de Verín.
A aparatosidade do accidente, que espallou a mercadoría pola calzada, obrigou a cortar dous dos tres carrís dese punto quilómetrico en sentido a Benavente, para remolcar os vehículos implicados e para retirar o restos espallados pola estrada polo accidente.
A circulación quedou restablecida pasada a unha da tarde.
Máis sobre Galicia
01/03/2021 17:42
01/03/2021 16:53
01/03/2021 16:49