Un ferido ao caer a terra unha avioneta militar no Perú
Publicado o 05/02/2019 08:18
Unha avioneta militar de instrución caeu sobre unha avenida de Lima, a capital do Perú. A aeronave intentaba unha aterraxe de urxencia nunha base próxima ao lugar do accidente. Na súa caída levou por diante unha camioneta e unha moto que estaban aparcadas na rúa. Os dous tripulantes da avioneta foron trasladados a un hospital militar, un deles ferido.
Máis sobre actualidade
21/01/2021 16:51