CRTVG

Buscar

Un fallo eléctrico, posible causa do incendio dun alpendre en Cedeira

Publicado o 06/11/2019 14:15

Esta mañá, unha densa columna de fume que aínda saía do alpendre que horas antes quedou completamente calcinado daba conta da virulencia do lume, orixinado, supostamente, por un fallo eléctrico.

Aconteceu de madrugada, mentres os propietarios durmían, no lugar de Meizoso, en Cedeira.

O incendio foi moi aparatoso e a rápida intervención do GES de Ortigueira, Protección Civil de Cedeira e os bombeiros de Ferrol evitou que as lapas afectaran a vivenda unifamiliar lindeira.

Malia a aparatosidade do incendio e os cuantiosos danos materiais, non se rexistraron vítimas.

Noticias web

06/11/2019