CRTVG

Buscar

Un estudo de Adecco prevé 45.000 contratos este verán en Galicia

Publicado o 19/06/2020 20:55

A Coruña sería a provincia galega co maior número de novos empregos, seguida de Pontevedra, Lugo e ourense. O informe augura un aumento considerable de novos postos de traballo vencellados co coronavirus sobre todo no sector do turismo e a hostalería.

Cociñeiros, camareiros, repartidores, dependentes de tendas de todo tipo, preparadores de pedidos, repartidores, controladores de afluencia, de praias, desinfectadores de roupa ou medidores de temperatura corporal son alguns dos perfís que, segundo o estudo de Adecco, máis se van demandar este verán.

A previsión desta empresa de traballo temporal contempla a creación 45.000 novos contratos nos vindeiros tres meses en Galicia.

A Coruña sería a provincia co maior número de contratacions se se cumpre o prognóstico,
despois irían Pontevedra, Lugo e Ourense.

 

Noticias web

19/06/2020