Un estudante de Siberia sobe a árbores para conseguir cobertura e poder seguir as clases polo móbil
Publicado o 25/11/2020 14:24
Seguir as clases por Internet, cando pechan as aulas a causa da covid, non é igual de fácil para todos.
É o caso dun mozo, Alexei Dudoladov, que volveu á súa remota aldea siberiana ao pechar a facultade na que estuda Enxeñería Naval.
Pero alí a súa conexión non dá para seguir as clases ou enviarlles traballos aos profesores. Ou si, pero para conseguilo ten que gabear os 8 metros dun bidueiro a temperaturas sempre baixo cero, e nin na copa hai boa cobertura.
As autoridades prometeron unha solución, pero, de momento, aconselláronlle que para estudar se achegue á beira da autovía, onde a conexión é mellor.
Máis sobre Sociedade
25/01/2021 21:24
25/01/2021 20:01
25/01/2021 16:47