CRTVG

Buscar

Un español de 19 anos permanece detido, desde o 23 de xaneiro, en Venezuela

Publicado o 09/02/2019 23:03

 A oposición venezolana organízase esta fin de semana en asembleas cidadás para lograr a entrada no país da axuda humanitaria. Toneladas de alimentos esperan a ser repartidos nos centros de acopio da localidade fronteiriza de Cúcuta, en Colombia.

O Goberno de Maduro permanece desafiante e mantén o bloqueo da ponte de Tienditas.

TOTAL Léster Toledo, representante de Juan Guaidó como responsable internacional do plan de axuda humanitaria,

O líder opositor, Juan Guaidó, anunciaba que, se continúa o bloqueo, a oposición venezolana está disposta a buscar nas fronteiras do seu país a axuda humanitaria. Nunha entrevista para a axencia France Press Guaidó non descartou autorizar unha intervención estranxeira para sacar a Maduro do poder.

O Ministerio de Exteriores español confirmaba hoxe a detención en Venezuela dun mozo de 19 anos con dobre nacionalidade venezolana e española, que permanece detido desde o 23 de xaneiro. Polo momento non transcendeu o motivo da detención.


Ademais, o executivo español deploraba hoxe a confiscación da planta da farmacéutica española SM Pharma en Maracaibo (Venezuela) por parte do Goberno de Maduro e fixo un chamamento a que se cese "a ocupación da fábrica".

Noticias web

09/02/2019