CRTVG

Buscar

Un erro humano atrasou o envío de bombeiros a Notre Dame, segundo 'The New York Times'

Publicado o 18/07/2019 08:35
Un erro humano atrasou o envío de bombeiros a Notre Dame, segundo 'The New York Times'

Unha investigación de The New York Times destapa un grave erro humano no incendio da catedral de Notre Dame o pasado 15 de abril. Segundo o diario, o persoal de seguridade pensou que a primeira alerta de lume se trataba dunha falsa alarma, xa que comprobaron a situación no lugar equivocado. Este feito atrasou media hora a chamada aos bombeiros, cando o lume xa estaba avanzado.

A súa orixe aínda se descoñece, apuntan a un curtocircuíto ou ás cabichas atopadas, pero tamén ao sistema antiincendios, que non cumpriu o seu obxectivo.

Noticias web

18/07/2019