CRTVG

Buscar

Un enfrontamento familiar está detrás do tiroteo en que morreu un home en Bilbao

Publicado o 25/10/2019 13:32

Os dous detidos tras matar un home onte á tarde en Bilbao pasan hoxe a disposicion xudicial. Son pai e fillo, e, segundo fontes policiais, o motivo do crime é un enfrontamento por cuestións sentimentais entre dúas familias de etnia xitana.

Ocorreu á luz do día no centro de Bilbao. Dous homes armados cunha escopeta dispararon tres tiros a outro, de 45 anos, despois dunha violenta discusión, segundo testemuñas presenciais. Malia que os servizos de emerxencias intentaron reanimalo, o home, abatido no chan, morreu. E mentres no lugar do suceso medraba a tensión, os supostos asasinos agocháronse nun piso das inmediacións, pero acabaron por entregarse.

O móbil, segundo baralla a policía, foi o enfrontamente entre dúas familias de etnia xitana por culpa dos celos. Os agresores mantiñan unha estreita amizade co irmán do falecido ata que tivo unha relación sentimental coa muller do menor deles. Cando o descubriu, o marido enganado prohibiulle a el e a toda a súa familia que volvesen ao barrio. O irmán do suposto amante non fixo caso, e onte morreu tiroteado. A policía atopou tres escopetas no piso dos detidos.

Noticias web

25/10/2019