CRTVG

Buscar

Un empresario de viaxes de Noia asegura que é vítima dunha estafa con tarxetas clonadas

Publicado o 04/04/2019 14:24

Manuel Núñez xubílase dentro duns meses. Hai 40 anos que fundou esta axencia de viaxes en Noia, pero o treito final da súa traxectoria profesional converteuse nun pesadelo. No mes de xaneiro, un suposto empresario téxtil de Barcelona contactou con el por Internet para comprar billetes de avión como premio para os seus traballadores. Fixo varias compras e pagounas con tarxeta. O terminal TPV do banco co que opera de sempre, o BBVA, aceptou esas operacións. En total, preto de 34.000 euros. Pero ao cabo dun mes o director da oficina de Noia comunicoulle que eses pagos se fixeran con tarxetas clonadas ou roubadas, e bloqueáronlle as contas, tanto a liña de crédito do negocio como o saldo da súa persoal.

Manuel Núñez, o empresario estafado, conta que o chamaron para comunicarlle que as tarxetas eran clonadas ou roubadas e que tiña que facerse cargo da débeda.

Manuel está de baixa por ansiedade. Asegura que a súa delicada saúde se está resentindo por culpa desta situación. Séntese impotente e non pode conter as bágoas pensando en que o traballo dunha vida, que prentendía deixar en herdanza ao seu fillo, se perda. Di que se sente enganado.

Manuel Núñez conta como lle afecta persoalmente esta situación e di que se sentiuse enganado polo director da oficina, coa que leva traballando desde o ano 1989.

 

Noticias web

04/04/2019