Un emprendedor de Verín crea unha empresa de repartición a domicilio e xa está presente en Portugal
Publicado o 26/11/2020 21:19
Mercando unha pizza durante o confinamento José Antonio Quintas viu que en Verín non había un servizo de repartimento de comida a domicilio e decidiu montar a súa propia empresa.
A a súa aplicación Roombo funciona como a das grandes plataformas de reparto coas que agora compite. A idea deu tan bo resultado que xa chegou ao país veciño a Portugal.
Preto de 4.000 repartimentos en Chaves ao mes e uns 2.000 en Verín e xa conta con 19 traballadores. A clave do seu éxito, di, é unha marxe que favorece os hostaleiros.
O seguinte paso di que é ampliar a aplicación con novos servizos e atopar todo tipo de profesionais. E xa hai interese en crear franquías para chegar a máis vilas galegas e tamén de fóra de Galicia.