CRTVG

Buscar

Un dos presos máis perigosos e agresivos de España está na prisión da Lama

Publicado o 05/01/2019 15:35
Un dos presos máis perigosos e agresivos de España está na prisión da Lama

Fabrizio João é natural de Guinea Bissau e ten 36 anos. Mide 1,80, pesa máis de cento vinte quilos, e é extremadamente agresivo e violento. A primeira condena cumpriuna en Córdoba. Acababa de violar e asasinar con 26 coiteladas á súa moza.

Cumprindo esta pena de 22 anos de cárcere asasinaou a patadas un compañeiro da prisión andaluza. Rebentoulle o cranio e varios órganos internos. Cáeronlle 17 anos máis de cadea. Foi trasladado desde Puerto III en Cádiz a outro cárcere en Sevilla. Nun cacheo rutineiro dos funcionarios de prisión cargou contra eles, que a duras penas se puideron zafar del golpeándoo cunha cadeira e encerrándoo na zona chamada entre reixas. Despois deste episodio no que oito funcionaros acabaron na enfermería, en 2016, foi trasladado a Galicia, a Teixeiro.

É un dos setenta presos considerados de perigo máxima en España. Chámanlle un preso "FIES", o acrónimo de "ficheiros de internos de especial seguimento". En Teixeiro, onde levaba ata hoxe dous anos e medio, non tivo, como nos contou un funcionario, contacto con outros presos nin recibiu visita ningunha. Duchábase e comía na cela especialmente acondicionada e saía ao patio catro horas sempre só. Polo perigoso que é cámbiano cada poucos anos de cadea. A Lama, como Teixeiro, son dúas das nove prisións españolas con módulos de primeiro grao, polo tanto as que reciben os presos máis perigosos e conflitivos. Os funcionarios queren máis medidas de seguridade.

Noticias web

05/01/2019