CRTVG

Buscar

Un dispositivo especial de 130 gardas civis encárgase da seguridade na Volta Ciclista a España

Publicado o 04/11/2020 16:07

A Volta Ciclista a España percorre arestora os últimos quilómetros da etapa Lugo-Ourense. Xunto a eles desprázase un dispositivo especial da Garda Civil que vela pola seguridade do percorrido e dos participantes antes, durante e despois da carreira.

Son voluntarios e pasan probas especiais para formar parte do dispositivo que acompaña a Volta Ciclista a España. 130 axentes perfectamente coordinados para cortar o tráfico, sinalar obstáculos e escoltar a serpe de corredores en tempo récord. Saen en grupos de xeito gradual, e teñen misións diferentes.

Un helicóptero, 2 drons e un grupo de reserva de seguridade completan o dispositivo protexendo os corredores e o público, menos numeroso este ano pola pandemia.

Os axentes tamén apoiaron hoxe outra volta, a que fai Eva xunto a ciclistas de renome para recadar fondos para seu fillo Nacho, unhas das 500 persoas no mundo que padece a enfermidade de Dent. Unha carreira solidaria en que todos gañan.

Noticias web

04/11/2020