CRTVG

Buscar

Un detido en Londres por acoitelar un home no interior dunha mesquita

Publicado o 20/02/2020 18:15
Un detido en Londres por acoitelar un home no interior dunha mesquita

Un home foi detido este xoves no centro de Londres despois de acoitelar unha persoa no interior dunha mesquita da capital británica, segundo confirmou a Policía Metropolitana, precisando que está acusado de intento de homicidio. Os feitos producíronse pouco despois das 15.00 horas na Mesquita Central de Londres, situada en Regent' s Park. O ferido, que sería o 'muecín' da mesquita, foi trasladado ao hospital, segundo Sky News. Polo momento non hai máis detalles sobre a identidade do detido. A Policía Metropolitana limitouse a sinalar que se abriu unha investigación dos feitos.

Noticias web

20/02/2020