CRTVG

Buscar

Un de cada dez pacientes en estado grave xera anticorpos que eliminan unha molécula clave contra a covid-19

Publicado o 28/09/2020 13:46

Algunhas persoas contáxianse da covid-19 sen ter apenas síntomas e outras sen patoloxías previas acaban na UCI. A resposta estaría nos factores xenéticos. Así o sinala un estudo internacional. Fala de erros nunha molécula clave dentro do noso sistema inmuniatrio que se chama interferón. Un de cada dez pacientes en estado grave xeneran anticorpos que eliminan esta molécula.

A comunidade científica segue traballando para atopar a vacina. Nove proxectos están na recta final e xa están en produción billóns de doses que poderían comercializarse antes de que remate o ano
Debería ser, din os investigadores, unha vacina global que chegue a todos os recunchos do planeta.

Mentres esperamos a recomendación é cumprir escrupulosamente coas recomendacións. Coidado cos espazos pechados. Importante tamén facer os máximos test posibles para controlar a pandemia.

Noticias web

28/09/2020