CRTVG

Buscar

Un coruñés entre os investigados por captar menores para sesións de pornografía online

Publicado o 29/11/2020 19:11

Tres homes, un deles veciño da Coruña, están a ser investigados pola Ertzaintza, por captar mulleres menores de idade para realizar sesións de pornografía online.
Polo momento localizáronse en Álava e Guipúscoa catro vítimas, de entre 12 e 15 anos, aínda que non se descarta que poida haber máis.

Ofrecíanlles cartos ou roupa de marca a cambio de realizar conexións pornográficas en internet ante usuarios descoñecidos. Con esas mesmas sesións os tres investigados xeraban material audiovisual para adultos, que vendían como paquetes de vídeo e imaxes.


 

Noticias web

29/11/2020