Un condutor foi trasladado grave ao hospital tras sufrir unha saída de vía na Coruña
Publicado o 20/06/2020 21:27
Un condutor foi trasladado ao hospital en estado grave tras sufrir unha saída de vía na Coruña. O sinistro ocorreu na Avenida da Pasaxe, debaixo do viaducto. O turismo golpeou varias veces contra a mediana e o muro lateral, envorcou e quedou xirado en dirección contraria á marcha. O equipo de atestados investiga as causas.
O accidente ocasionou retencións e obrigou a desviar o tráfico pola glorieta superior.